GaLiZa
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

Reorganización directiva de Galiza

4 participantes

Ir abajo

Reorganización directiva de Galiza Empty Reorganización directiva de Galiza

Mensaje  Zeit Sáb Nov 15, 2008 8:13 pm

Saudos a todos. Como saberedes xa, Noruk, Alexa e Beni abandoaron a alianza Galiza por cadanseu motivo, deixándome só na directiva. Como non me é menester ter tanta responsabilidade ás miñas costas, propuxen que a quen lle interesara ingresar no equipo directivo me avisara, e aquí repartiriámo-los postos dependendo das nosas preferencias.

Os postos que entran a subasta son:

- Ministerio de Interior: Ocupado anteriormente por Alexa, o cometido deste ministerio é levar a iniciativa en canto as novas do foro, facer de portavoz dos membros menos agraciados da alianza dentro das súas posibilidades e intentar que tódolos membros teñan as mesmas oportunidades de evolucionar que os demáis compañeiros. É un cargo de moita responsabilidade e que require moito tempo, polo que pode ser levado por dúas persoas, aparte do Xestor (eu).

- Ministerio de Defensa: Ocupado anteriormente por Beni, é outro posto de moita responsabilidade. O seu cometido consiste en estuda-las peticións de axuda doutros membros da alianza, e determinar quén pode axudar con tropas ó aliado atacado. Tamén debe ter claro que non todo se soluciona con tropas, senon tamén con un pouco de enxeño á hora de ser atacado, e dar consellos útiles para que os atacados saiban saca-las súas propias castañas do fogo. Requisito: Ter un número de tropas considerable (1000 unidades dalgún tipo)

- Ministerio de Economía: De nova creación, o encargado deberá ter contacto con Defensa para a axuda dos atacados para a súa pronta recuperación; tamén se encargará de recadar impostos se a alianza o precisara, aínda que polo dagora non se vexa necesario.

- Ministerio de Inmigración: ou Reclutador, encargarase de procurar e captar novos membros para a alianza, canto máis preto de nós e máis fortes, mellor. Os membros teñen que ser galegos, para ser coherentes coa idea orixe que nos levou a todos aquí.

- Ministerio de Exteriores: Ocupado por Zeit, encárgase da diplomacia da alianza (este posto non sae a subasta ata nova orde)

Aínda que xa sei dalgúns que queredes formar parte, tedes que elixir entre os ministerios expostos ou propoñer outro que sexa factible para a alianza, e finalmente farase o reparto definitivo de poderes. Os ministerios poderán modificar varias reglas sempre que o consulten có Xestor e este non vexa problema (por exemplo, cambia-lo foro, ou varia-las premisas para reclutar xente)

Un saúdo a todos, espero alta participación polo ben de Galiza Smile
Zeit
Zeit
Noob
Noob

Cantidad de envíos : 20
Fecha de inscripción : 13/09/2008

Volver arriba Ir abajo

Reorganización directiva de Galiza Empty Re: Reorganización directiva de Galiza

Mensaje  erctechnics Sáb Nov 15, 2008 8:28 pm

A verdade é que as funcións non son nada sinxelas, aínda menos para novos xogadores. De todos xeitos se ninguén o quere, ofrézome para o Ministerio de Economía que asemella o más manexable, que para o resto véxome moi verde...

Así mesmo, creo que Zeit, por ser o último membro da antiga diretiva, xogador de maior categoría e sobre todo por ser quen está a relanzala alianza, debería ocupar un posto recoñecido oficialmente de liderazgo sen ter que deixalo seu ministerio.

erctechnics
Noob
Noob

Cantidad de envíos : 4
Edad : 37
Fecha de inscripción : 10/11/2008

Volver arriba Ir abajo

Reorganización directiva de Galiza Empty Re: Reorganización directiva de Galiza

Mensaje  fabiomiguez1 Sáb Nov 15, 2008 8:43 pm

con respecto o ministerio de interior... gustariame levar a min o foro... pa facer unhas modificacions e unhas enconstas pa poñelo mais a gusto dos integrantes da alianza pero para o resto sei que non valgo asi que... ahi keda a miña peticion XD

fabiomiguez1
Noob
Noob

Cantidad de envíos : 2
Fecha de inscripción : 09/09/2008

Volver arriba Ir abajo

Reorganización directiva de Galiza Empty Re: Reorganización directiva de Galiza

Mensaje  Lory_po Dom Nov 16, 2008 4:15 pm

eu estou de acordo con todo!
eu prestome para o q sea.. sen problemas
xa me diredes!


un saludo
Lory_po
Lory_po
Noob
Noob

Cantidad de envíos : 1
Fecha de inscripción : 16/11/2008

Volver arriba Ir abajo

Reorganización directiva de Galiza Empty Reconto final

Mensaje  Zeit Lun Nov 17, 2008 8:12 pm

Moi ben, feitas as peticións tanto no foro coma por mensaxe privado, os cargos quedan do seguinte xeito:

Ministro de Interior: fabiomiguez, en principio axudareille eu ata que atopemos alguén que queira repartí-lo cargo con il.
Ministro de Economía: erctechnics; se ben é certo que os demáis cargos son moi complicados, este tamén ten o seu aquel sobretodo en tempos de guerra... comentarémolo ti e máis eu os pormenores deste posto esta noite.
Reclutador: maeloc, unha agradable sorpresa, se se me permite apunta-lo detalle Smile

Postos vacantes total ou parcialmente: Ministerio de Defensa, Ministerio de Interior (aínda queda Lory_po por asignarlle un posto, cando estea saberédelo)

Teño que expresar tamén que estou decepcionado con varios membros da alianza; aparte de non acudir á chamada, non contestaron ás convidacións que persoalmente lles fixen, nin para dicir si nin para dicir non. E o peor, que foron os máis novos, e non os que máis tempo levan aquí, os que amosaron maior interese por esta iniciativa, cousa que aínda que me esperaba deixoume igualmente descolocado.

Esta semana mandarei un boletín a todos vós para facer público o nomeamento e mostra-las miñas impresións aquí reflictidas, xa que casi ninguén se pasa por aquí e ademáis quero que todos saibades o que hai e o que se opina.

Un saúdo.

CORRIXO: Dende que escribín este post contestáronme tódos a quenes preguntei persoalmente, ser terse pasado polo foro para ver o q dixen eu deles... de modo que me retracto das miñas palabras, animoume un pouco máis esta mostra de compañerismo que lin fai uns minutos Smile

Saquemos adiante a Galiza! Saúdos!
Zeit
Zeit
Noob
Noob

Cantidad de envíos : 20
Fecha de inscripción : 13/09/2008

Volver arriba Ir abajo

Reorganización directiva de Galiza Empty Re: Reorganización directiva de Galiza

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.